EMPAQUE

DATOS BÁSICOS

CHICARRÓN CIRCO FLAMENCO

Idade recomendada: público adulto

Duración: 55 min

Lingua: castelán

Danza · Circo

Empaque é un espectáculo asentado na poesía do circo, o flamenco e o humor, a través dunha dramaturxia intuitiva e contemporánea dos malabares, o cante, os ritmos e a palabra.

Empaque de que? O malabarista lanza a pelota ao aire, o flamenco recolle a bata de cola mentres o artista calza as luvas de boxeo para dar patadas coma se fose un rapaz que cantaruxa unha pregunta que lle rolda pola alma. Ti enténdelo?

Empaque ten a elegancia de formular ben unha pregunta que, ás veces, se atragoa:

Quen son?

A resposta non a ten ninguén.
Se ti a tes... Ole, ti!

Duración: 
55 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais,persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Venres, 27 Novembro, 2026
20:00
Teatro Principal