FESTIVAL C (toda a programación aquí)
CEMITERIO DE BONAVAL
‘NASENDA’
ELVI BALBOA
DANZA
15 min
Todos os públicos
Unha danza xiratoria escrita cun propósito: Unha multitude de fragmentos para multiplicar a beleza.
As propostas artísticas de Elvi Balboa adoitan converter os espazos públicos e os espazos singulares en espazos de investigación e creación. Trátase de comprender estes espazos con todas as súas riquezas e dimensións: espaciais, históricas, sociais e poéticas. As súas creacións adáptanse sempre á contorna na que se representan, ofrecendo unha imaxe axustada do carácter único e efémero da danza. Despois de formarse como bailarina, colaborou con compañías como Ex-Nihilo e dirixiu os seus propios proxectos persoais. ‘Am I what?’, a súa primeira creación como directora, foi nomeada como mellor espectáculo de rúa nos Premios Pad (Asociación Andaluza de Profesionais da Danza)
IDEA ORIXINAL E CONCEPTO: Elvi Baboa
COREOGRAFÍA: Elvi Balboa coa colaboración dos intérpretes
INTÉRPRETES: Paula Serrano e Joan Aguilà
MÚSICA: Mario G. Cortizo
VESTUARIO: Elvi Balboa e Candela Capitán