CINEUROPA
LATIDOAMERICANO (CENTENARIO CHINA ZORRILLA)
ELSA & FRED (2005)
Marcos Carnevale
Arxentina, España / 108 min / Ficción / Español
Ficha artística:
China Zorrilla, Manuel Alexandre, Blanca Portillo, Roberto Carnaghi, José Ángel Egido, Federico Luppi
Ficha técnica:
Guión: Marcos Carnevale, Lily Ann Martin, Marcela Guerty
Fotografía: Juan Carlos Gómez
Edición: Nacho Ruiz Capillas
Produción: Sahazam Producciones, Tesela P.C
Sinopse:
Elsa anda polos 82 anos, é unha muller chea de vitalidade e ten unha imaxinación desbordante. Alfredo, algo máis novo ca ela, foi sempre un home convencional, serio e responsable. Ao quedar viúvo, desconcertado e angustiado pola ausencia da súa muller, a filla anímao a se mudar a un apartamento máis pequeno. Alí coñece a Elsa, que é a súa veciña. Desde aquela, ela irrompe na súa vida disposta a demostrarlle que o tempo que queda é precioso e que debe gozar del como lle apeteza.
Candidata á mellor actriz principal nos Goya 2005
Candidata á Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid 2005
Dous premios Cóndor de prata, incluíndo mellor actriz