CINEUROPA
DOCS CINEUROPA
ELOY DE LA IGLESIA, ADICTO AL CINE (2025)
Gaizka Urresti
España / 95 min / Documental / Castelán
Ficha artística:
José Sacristán, Ángel Pardo, Fernando Guillén Cuervo, Gaspar Noé, José Luis Garci, Marisol Morcillo
Ficha técnica:
Guión: Gaizka Urresti, Moisés Garrido, Juan Barrero
Fotografía: Pepe Añón
Edición: Juan Barrero
Produción: Oihana Olea Suinaga, Julio Díez Cornejo
Sinopse:
Retrato dun cineasta valente, un enfant terrible nos seus inicios, combativo fronte á censura e sempre disposto a explorar os límites da liberdade de expresión. Cronista da cara máis escura da Transición, a súa traxectoria acabaría afundíndose nos infernos da drogadicción e no esquecemento durante máis dunha década. Repudiado por moitos, logrou finalmente saír do ostracismo e regresar ao seu verdadeiro vicio: o cinema, a adicción da que nunca conseguiu desengancharse.
Gaizka Urresti dirixiu Un dios que ya no ampara (2010), nomeada aos Goya á mellor curtametraxe documental, Abstenerse agencias (2014), que obtivo o Goya á Mellor Curta de Ficción, ou El trastero (2016). En 2019 dirixiu Aute Retrato, candidato ao Goya ao Mellor Documental, galardón que conseguiu en 2023 con Labordeta, un hombre sin más.