CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
ELISA (2025)
Leonardo Di Costanzo
Italia, Suíza / 105 min / Ficción / Italiano, francés
Ficha artística:
Barbara Ronchi, Roschdy Zem, Diego Ribon, Valeria Golino
Ficha técnica:
Guión: Leonardo di Costanzo, Bruno Oliviero, Valia Santella. Baseado nos estudos de criminoloxía de Adolfo Ceretti e Lorenzo Natali
Fotografía: Luca Bigazzi
Edición: Carlotta Cristiani
Produción: Carlo Cresto-Dina, Manuela Melissano
Sinopse:
Elisa, de trinta e cinco anos, leva unha década na cadea, condenada por asasinar a súa irmá maior e queimar o seu corpo sen un motivo aparente. Case non lembra nada do crime, como se un veo de silencio separase o presente do pasado. Cando decide entrevistarse co criminólogo Alaoui e participar na súa investigación, iníciase entre ambos os dous un diálogo tenso e implacable no que as lembranzas comezan a agromar. A medida que reconstrúe a verdade e afronta a dor da culpa, Elisa albisca, talvez, o primeiro paso cara a unha posible redención.
Leonardo Di Costanzo é un director e guionista italiano recoñecido pola súa capacidade para explorar, cunha mirada sobria e profundamente humana, as tensións sociais e morais do seu país. Formado nos Ateliers Varan de París, iniciou a súa traxectoria no ámbito do documental antes de dar o salto á ficción. A súa primeira longametraxe de ficción, L’intervallo (2012), estreouse na sección Horizontes do Festival de Venecia e valeulle o David di Donatello ao mellor director novel. Con L’intrusa (2017), presentada na Quincena de Cineastas en Cannes, e Ariaferma (2021), galardoada co premio ao mellor guión nos David di Donatello, consolidou unha voz cinematográfica singular, atenta á intimidade e á responsabilidade moral dos seus personaxes.
Premio SIGNIS no Festival de Venecia 2025