ELIMINATORIA IV CONCURSO DE CANTO 'COMPOSTELA LÍRICA'

DATOS BÁSICOS

ELIMINATORIA

A Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela pon en marcha unha nova edición, a cuarta, do concurso de canto "Compostela Lírica" que dotado pola Fundación José Otero-Carmela Martínez, ten como destinatarios/as a novos talentos do mundo da lírica. O seu obxectivo é fornecelos dunha proxección profesional na etapa inicial das súas carreiras e o cultivo e fomento da ópera propiciando a expasión e mellor coñecemento da mesma.

"Compostela Lírica" está dirixido a voces solistas de calquera tesitura vocal e reservado exclusivamente ao xénero Ópera, na modalidade de voz solista de calquera tesitura vocal

Para o desenvolvemento desta rolda presencial eliminatoria, o xurado elixirá con carácter previo unha das tres arias presentadas por cada un dos/as participantes. A elección será comunicada con antelación aos/ as participantes. A partir da audición das citadas arias elixidas polo xurado, este determinará que solistas pasarán á rolda final.

O Concurso conta co patrocinio e a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela e do Consello da Cultura Galega.

Duración: 
120 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE CONVITES EN LIÑA: MARTES 7 DE DECEMBRO_11.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto o día do espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Sábado, 11 Decembro, 2021
17:00
Auditorio de Galicia