EL RAPTO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · PANORAMA INTERNACIONAL 

EL RAPTO (2023)
Daniela Goggi
Arxentina, Estados Unidos / 95 min / Ficción / Español

Ficha artística:
Rodrigo de la Serna, Julieta Zylberberg, Jorge Marrale, Germán Palacios, Andrea Garrote

Ficha técnica:
Guión: Daniela Goggi, Andrea Garrote
Fotografía: Fernando Lockett
Edición: Eliane Katz
Produción: Axel Kuschevatzky, Benjamin Domenech, Santiago Gallelli, Matías Roveda, Cindy Teperman
 

Sinopse:
Bos Aires, década de 1980. Julio Levy regresa do exilio político para ocupar un posto na grande empresa familiar cando o seu irmán maior é secuestrado. A cargo de organizar o rescate e con todo o peso da súa familia sobre os ombreiros, Julio descobre as forzas que aínda operan detrás da recentemente recuperada democracia arxentina.
 

Daniela Goggi (Bos Aires, Arxentina). Graduouse como profesora de cinematografía na Universidade do Cinema de Arxentina. Filmou varias curtametraxes durante a súa carreira, traballou como asistente de produción en diferentes películas e colabora na revista de crítica cinematográfica KM 111. É ademais docente na Universidade do Cinema e noutras institucións. Días de mucho, vísperas de nada (2007), Abzurdah (2015) ou El hilo rojo (2016) son outras das súas longametraxes.

Sección Orizzonti Extra do Festival de Venecia 2023
 

Duración: 
95 MIN
Entradas: 

CINEUROPA

  • 4 euros
  • Bono 10 películas: 30 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, TAMÉN PARA AS PROXECCIÓNS DE ESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.
  • MULTICINES COMPOSTELA: dende as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai un filme ás 17.00 h ou antes, o despacho de billetes abre quince minutos antes de que comece)
  • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 19 Novembro, 2023
20:15
Salón Teatro
Martes, 21 Novembro, 2023
22:00
Salón Teatro
MULTIMEDIA

El Rapto | Teaser Oficial | Paramount +