EL PRÓFUGO (2020)

DATOS BÁSICOS

EL PRÓFUGO (2020)

LATIDOAMERICANO

MAR 10, 18:30 | NUMAX
DOM 22, 12:00 | TEATRO PRINCIPAL

Natalia Meta
Arxentina, México / 95 min. / Ficción / Español

Ficha artística:
Érica Rivas, Nahuel Pérez Biscayart, Cecilia Roth, Daniel Hendler

Ficha técnica:
Guión: Natalia Meta
Fotografía: Bárbara Álvarez, Leonel D’Agostino
Edición: Eliane Katz
Produción: Benjamín Domenech, Santiago
Gallelli, Matías Roveda, Natalia Meta, Fabiana Tiscornia

Inés é unha muller que, tras un episodio traumático durante unha viaxe coa súa parella, comeza a confundir os límites
entre o real e o imaxinario. Vivos pesadelos e sons recorrentes invaden a vida cotiá que leva xunto a súa nai, ata que ensaiando para un concerto coñece a Alberto, un mozo que se acomoda sen dubidalo ao seu mundo. Pero Inés non pode evitar unha sensación perigosa: os personaxes que poboan os seus soños intentan apoderarse do seu corpo.

Natalia Meta
(Bos Aires, Arxentina, 1974)
Licenciada en filosofía pola Universidade de Bos Aires, debutou como directora coa longametraxe Muerte en Buenos Aires (2014), todo un éxito de público en Arxentina. Traballou como produtora asociada en filmes como Un amor (2011), de Paula Hernández; Las acacias (2011), de Pablo Giorgelli, e Zama (2017), de Lucrecia Martel. El prófugo, a súa segunda longa, competiu na Sección Oficial da Berlinale.

Duración: 
95 MIN
Información da billeteira: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

 

PRÉGASE USO PREFERENTE PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS DA PÁXINA WEB COMPOSTELACULTURA.GAL

 

CONSULTA PROTOCOLO ACCESO ESPECTÁCULOS NO PORTAL DESTA WEB

 

Funcións: 
Domingo, 22 Novembro, 2020
12:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural