EL MILAGRO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

EL MILAGRO (2026)

David Varela

España / 80 min / Castelán, inglés

Ficha artística:

Lola Martínez Rojo, Lucía Varela Martínez, Enrique Varela Enríquez

Ficha técnica:

Guión: Lola Martínez e David Varela

Fotografía: David Varela

Edición: Sergi Dies e David Varela

Produción: David Varela

Sinopse:

Lola e David casaron hai doce anos. A súa viaxe de lúa de mel foi, en parte, unha escusa para emprender un novo proxecto cinematográfico: unha película inviable que vai apoderándose de David a medida que percorren Oriente Medio e a India. Lola non comprende nin acepta o comportamento obsesivo de David, mergullada como está na necesidade de ser nai. A viaxe énchese entón de pantasmas, personaxes desdobrados e aparicións do futuro. Un melodrama relativamente autobiográfico, en formato documental e baseado en feitos soñados.

David Varela é cineasta, editor, docente e programador autodidacta. Desde 2010 dirixe, produce e edita longametraxes documentais, como Banaras me (2010) e Un cielo impasible (2021), estreada no Festival de Xixón. A súa filmografía inclúe tamén curtametraxes e mediometraxes como Último retrato (2011) e Freedom to kill the other’s children (2016), recoñecida con premios nos festivais Alcances e La Cabina. Desde 2012 desenvolve labores de programación e dirección artística na Asociación de Cinema Documental DOCMA, e foi codirector artístico de Documenta Madrid entre 2017 e 2019. Ademais, imparte formación audiovisual en escolas e centros educativos.

 

COMPETICIÓN NACIONAL DE DOCUMENTA MADRID 2026


Con presentación e coloquio

 

Duración: 
80 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 7 Novembro, 2026
20:15
NUMAX
MULTIMEDIA