EL HIJO DE LA CÓMICA

DATOS BÁSICOS

PENTACIÓN ESPECTÁCULOS

Idade recomendada: a partir de 12 anos
Duración: 80 min
Lingua: Castelán

"Se o escritor Delibes me aprendeu a mirar, ao cómico Fernán-Gómez, ensinouno a escoitar. 
Durante uns anos tiven o privilexio de estar preto del e escoitalo. 
Escoitarlle, entre outras, a historia de Fernanda López, "a loura", a súa bisavoa, da que herdou a cor de pelo e que era de Valdelaguna, unha vila á beira de Chinchón, a miña. E de Carolina Gómez, costureira, a avoa que coidou da súa infancia como Natividade López, os seus labores, coidou da miña. 
Intercambiamos e compartimos coincidencias noutras tantas historias. Historias de supervivencia, de ausencias, medos, esperanzas, soños: de liberdade, de "chegar a ser alguén", de ser -por que non?- Jackie Cooper, "o da illa do tesouro", e tamén "escritor de novelas de Salgari". 
Firme, orgullosamente resolta na súa melancolía, soaba a voz de Fernando ao lembrar aqueles tempos, ao lembrarse. 
Ecos de Baroja, Galdós, Barea... roldaban por aquela memoria. Tamén, a través da de Fernando, se me antollaban as voces da súa avoa e da miña, a afastada de Carola, a súa nai, a de María, a criada analfabeta afeccionada á poesía, a de Florentina e o "carallo, que pernas" do seu mozo. 
A voz do neno soñador, a do meritorio coa súa presadiña de castañas maias no peto, a do novo namorado e con présa, con moita présa... 
Voces nunha soa voz. 
Confío en que me escoitedes coa mesma ou parecida emoción coa que eu o escoitaba a el, o neto da costureira, o fillo da cómica"
José Sacristán


(Foto: Javier Naval)

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Sábado, 7 Marzo, 2026
20:30
Auditorio de Galicia