EL HIJO

DATOS BÁSICOS

DANIEL ABREU

[DANZA A ESCENA. La Red de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales. INAEM. Ministerio de Cultura y Deporte]

El hijo fala do vínculo cos proxenitores e un lugar, e o que se fai con iso. Os vástagos. Dalgunha forma, entenderse como individuo que se desata, pero enredado moi profundamente nunha repetición de formas e feitos. Algo que se pode explicar só de forma parcial, porque á fin e ao cabo, o individuo sempre leva consigo a reinterpretación desa historia, como ecos.

Un home na natureza, a súa chegada, a maxia do nacer, o desenvolvemento ligado ao primario e a cultura e, desde aí, ao que o conforma e o seu camiño. É a través da poética da imaxe e do son, que presento a un descendente, e que sen estar presentes falo de proxenitores, lugares e, sobre todo, do máxico. E é que a danza permite a celebración dun estar vivos e vivas e ter unha historia.

Creación, iluminación e interpretación: Daniel Abreu

Axudante de dirección: Janet Novás

Acompañamento dramaturxia: Marina Wainer

Música: collage

Atrezzo: Las practicables

Vestiario: Leo Martínez y Daniel Abreu

Produción subvencionada pola Comunidade de Madrid

Apoio en xira: INAEM

Colabora: Centro Coreográfico Canal, Escuela de Música e Danza de Pozuelo, Provisional Danza e Teatro Victoria

 

Idade recomendada: > 16

© imaxe: MarcosGpunto

 

Duración: 
50 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • 10 euros. Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 28 Abril, 2022
20:30
Teatro Principal