EL GRAN FINAL

DATOS BÁSICOS

CIRCO

Cía. Bucráa Circus

Idade recomendada:  Para todos os públicos

 

“El gran final” pretende ser unha traxicomedia que basea a súa esencia no reencontro de dous pallasos que tiveron que separarse hai moitos anos a consecuencia do estalido dunha guerra civil. Esta guerra interrompe a súa última función, xusto antes do gran acto final. O conflito obrígaos a tomar camiños separados e a non ter nunca máis contacto un co outro.

Agora, despois de máis de 30 anos, infinitos pasos, unha loita diaria e constante pola supervivencia e un corpo avellentado, atópanse e deciden rematar o seu “gran final”. Unha homenaxe a un dos oficios máis bonitos e xenerosos do mundo, o oficio de pallaso.
Sentir para crear un diálogo co espectador desde as emocións, onde as palabras sobran. Un imaxinario colectivo que pallasos de todos os tempos nos deixaron na memoria.

 

 

 

 

Duración: 
50 min
Información da billeteira: 

Entrada gratuíta previa retirada de convite

Máximo 2 convites por persoa

Prégase acudir cunha antelación mínima de 15 minutos. O uso de máscara é obrigatorio. 

____

Reserva preferentemente online na web compostelacultura.gal

Horario do despacho de billetes do Teatro Principal: de luns a venres, de 18 a 20 horas.

De non poder asistir, por favor, comuníqueo no teléfono 981 54 23 49 no horario do despacho de billetes.

En caso de choiva, os eventos ao aire libre serán cancelados

Funcións: 
Xoves, 20 Agosto, 2020
20:00
Praza da Quintana
MULTIMEDIA

Promo Pre-estreno "El Gran Final" de Bucraá Circus

UBICACIÓN