EL FANTASMA

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO

CINEASTAS DO PRESENTE

David Lamelas e Ignacio Masllorens

Arxentina / 96 min / Castelán

Ficha artística:

David Lamelas, Constanza Feldman, Victoria Baldomir, Carmen Iriondo, Manuel Attwell, María José Herrera, Nicolás Giménez

Ficha técnica:

Guión: Agustín Mendilaharzu, Walter Jakob e Ignacio Masllorens

Fotografía: Verónica Balduzzi

Edición: Ignacio Masllorens e Sofía Di Paola

Produción: Laura Citarella, Tomás Guiñazú e Florencia Villegas

Sinopse:

Dúas novas produtoras reciben o encargo de realizar un documental sobre unha figura esquiva e enigmática da vangarda arxentina dos anos sesenta. O proxecto require tamén a participación de David Lamelas, unha figura destacada da arte conceptual e antigo colaborador do artista. O que comeza como un traballo ben definido, centrado en entrevistas e arquivos, convértese pouco a pouco nunha pregunta inquietante: como facer visible a alguén que escolleu desaparecer?

David Lamelas é cineasta e artista. A súa obra, que abrangue o cinema, a escultura, a performance e a instalación, recibiu recoñecementos como a bolsa Guggenheim e o DAAD Stipendium. Entre os seus traballos cinematográficos figuran The invention of Dr. Morel (2000) e In our time (2018). El fantasma é a súa primeira longametraxe.

Ignacio Masllorens é cineasta e artista. As súas películas e vídeos exhibíronse en festivais e espazos como Anthology Film Archives, a Cinemateca Francesa e a feira ARCOmadrid. Dirixiu curtametraxes como Japonesita (2014) e Trainspotter (2019), e longametraxes como Atlas (2021), codirixida con Guadalupe Gaona, e Fanny camina (2021), codirixida con Alfredo Arias.

 

SECCIÓN ZABALTEGI-TABAKALERA DO FESTIVAL DE SAN SEBASTIÁN 2026

 

Duración: 
96 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Sábado, 14 Novembro, 2026
22:30
Salón Teatro
Luns, 16 Novembro, 2026
17:45
Salón Teatro
MULTIMEDIA