CINEUROPA
PANORAMA INTERNACIONAL / DOCS CINEUROPA
EL CASO PADILLA (2022)
Pavel Giroud
Cuba, España / 78 min / Documental / Español, francés, inglés
Ficha técnica:
Guión e edición: Pavel Giroud
Música: Pablo Cervantes
Son: Vanessa Carvajal, Anto Molina, David Rodríguez
Produción: Ventú Productions, Lia Rodríguez
Sinopse:
A Habana, primavera de 1971: o poeta Heberto Padilla vén de ser posto en liberdade e comparece perante o gremio de escritores cubanos, onde entoa unha "sentida autocrítica", se declara axente contrarrevolucionario e acusa de complicidade a moitos dos seus colegas alí presentes, entre eles, á súa esposa. Un mes atrás, o seu arresto baixo a acusación de atentar contra a seguridade do estado cubano mobilizara a vangarda intelectual do mundo enteiro, que lle dirixiu unha carta a Fidel Castro esixindo a liberdade do poeta, que cometera un único pecado: disentir a través da súa obra poética. O mea culpa do escritor, nunha gravación que se amosa por primeira vez ao público, marca a liña narrativa dunha historia na que aparecen testemuños de Gabriel García Márquez, Julio Cortázar, Mario Vargas Llosa, Jean-Paul Sartre, Jorge Edwards e Fidel Castro.
Pavel Giroud (A Habana). No 2006 dirixiu a súa primeira longa en solitario, La edad de la peseta, estreada en Toronto e candidata ao Goya á mellor película estranxeira de fala hispana. En 2014 codirixiu o documental Playing Lecuona, que obtivo entre outros galardóns o premio ao mellor documental no Festival de Montreal. El acompañante (2015) alzouse co premio do público nos festivais de Málaga, Miami, Toulouse e A Habana.