EELS

DATOS BÁSICOS

Eels regresarán en vivo a España en 2019, e Santiago de Compostela será unha das dúas únicas cidades do Estado, xunto con Barcelona, nas que se poderá ver a banda californiana liderada polo excéntrico Mark Oliver Everett. A cita é o 8 de setembro no Auditorio de Galicia e será a primeira actuación da banda en Galicia. Os californianos Eels presentarán o material incluído en The Deconstruction, traballo editado en abril de 2018. Acompañarán estas cancións algúns dos grandes éxitos incluídos na súa rica discografía.

Os discos de Eels son un manual de instrucións optativo para afrontar a vida. Tal como foi certificando coa súa discografía, E —alias de Mark Oliver Everett— posúe unha voz cualificada para iso. Pero sobre todo, foi o libro Cousas que os netos deberían saber (2008), onde falaba sen andrómenas da perda gradual dos membros da súa familia, o que lle conferiu esa autoridade.

Bicho raro nunha industria que o repudiou por negarse a facer diñeiro fácil, preferiu que a súa música fose o filtro do seu forcexeo coa adversidade. O seu duodécimo álbum como Eels termina con "In our cathedral", invocando un estado mental que nos axude a valorar como de cheo está o vaso cando os nuboeiros se cernen sobre nós. Despois de catro anos de silencio, E déixanos as súas reflexións cun recordatorio: a nosa existencia é fugaz e caprichosa, pero iso mesmo é tamén o que lle confire sentido. A maxia e a perda ás que no seu día cantou Lou Reed.

Eels é unha banda americana de rock formada en 1995 en California polo compositor, multiinstrumentista e cantante Mark Oliver Everett, coñecido sobre o escenario como E/Mr. E. Os membros da banda foron cambiando ao longo dos anos, tanto no estudo como nos escenarios, facendo de Mark Oliver Everett (aka Mr.E/E) o único membro oficial da mesma. Por algo se di que Eels é o proxecto máis persoal e personalista de Mark Oliver Everett, que xa dende ben pequeno decantouse pola música, inspirado pola súa irmá maior, que tocaba o piano.

A música de Eels xira ao redor de temas como a morte, a familia e os amores perdidos. Dende 1996, Eels sacaron doce álbums de estudo, sete dos cales entraron na lista Billboard 200.

Información da billeteira: 

24 € + gastos

ataquilla.com

Funcións: 
Domingo, 8 Setembro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia