ECOPOESÍA CONTRA O CAMBIO CLIMÁTICO (II)

DATOS BÁSICOS

Alguén que respira! VI Festival de Poesía para Corpo Principal

Poesía no Teatro Principal: Keith Payne, Carlos Solla, Antonio Orihuela e Janski

O domingo día 19, a partir das 20 horas, o Teatro Principal ábrese a un programa con catro propostas radicais de poesía ecolóxica. Por un lado, Keith Payne presenta Hectares salvaxes, con composicións que recoñecen o papel fundamental do lugar na nosa ecoloxía humana.

Carlos Solla é, pola súa banda, un dos máximos 3 representantes da ecopoesía en Galicia, autor de libros como O orgullo do gurgullo tributo á Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra.

Antonio Orihuela considérase un arqueólogo do presente e un escritor a destempo da modernidade liberal.

Por último, Jansky presenta Insecta Dance Music, unha exploración onírica, dunha sensualidade ancestral, a través de música electrónica en directo composta exclusivamente a partir de sons de insectos gravados en Mallorca.

Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Funcións: 
Domingo, 19 Marzo, 2023
20:00
Teatro Principal