PAPORRUBIO
(Monicreques)
Idade recomendada: Intantil, 1º e 2º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: galego
O xardín convértese nun lugar de celebración e reivindicación. Os vexetais e os animais son os protagonistas dunha historia estrafalaria na que a natureza esperta e reivindica os seus dereitos. Unha comedia disparatada ao servizo da imaxinación para espertar valores como a empatía, a responsabilidade e o respecto. A necesidade dun latexar común co mundo natural.