CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
DUSE (2025)
Pietro Marcello
Italia, Francia / 122 min / Ficción / Italiano
Ficha artística:
Valeria Bruni Tedeschi, Noémie Merlant, Fausto Russo Alesi, Fanni Wrochna
Ficha técnica:
Guión: Pietro Marcello, Letizia Russo, Guido Silei
Fotografía: Marco Graziaplena
Edición: Fabrizio Federico, Cristiano Travaglioli
Produción: Benedetta Cappon, Carlo Degli Esposti, Marco Grifoni, Nicola Serra
Sinopse:
No crepúsculo da súa carreira, a lendaria actriz italiana Eleonora Duse enfróntase ao derradeiro acto da súa vida. Entre o final da Primeira Guerra Mundial e o ascenso do fascismo, decide volver ao escenario cando a súa saúde se debilita e a súa independencia se ve ameazada. O teatro convértese no seu refuxio e na súa forma de resistencia: cada palabra, cada xesto, é un desafío á decadencia e á brutalidade do tempo histórico que lle tocou vivir. A súa derradeira viaxe é a dun espírito que se nega a renunciar á verdade da arte e á forza da emoción.
Pietro Marcello é un cineasta italiano formado na Academia de Belas Artes de Nápoles. Tras realizar varias curta na década de 2000, estreou a súa primeira longametraxe, Il Passaggio della linea (2007), na sección Horizontes do Festival de Venecia. O recoñecemento internacional chegaría con La bocca del lupo (2009), premiada na Berlinale, no BAFICI e en Cinéma du Réel. Obras posteriores como Bella e perduta (2015) confirmárono como un dos autores máis singulares e poéticos do cinema europeo. Con Martin Eden (2019), a súa primeira obra de ficción, consolidou a súa reputación internacional: o filme obtivo a Copa Volpi ao mellor actor para Luca Marinelli e múltiples premios e nominacións. En obras recentes como Per Lucio (2021) e Futura (2021) continúa explorando o diálogo entre pasado e presente, realidade e imaxinación, que define toda a súa filmografía
Sección oficial no Festival de Venecia 2025
Sección Oficial na Seminci 2025