DREAMS (SEX LOVE) / SOÑOS EN OSLO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

DREAMS (SEX LOVE) / SOÑOS EN OSLO (2024)

Dag Johan Haugerud

Noruega / 110 min / Ficción / Noruegués

Ficha artística:

Ella Øverbye, Selome Emnetu, Ane Dahl Torp, Anne Marit Jacobsen

Ficha técnica:

Guión: Dag Johan Haugerud

Fotografía: Cecilie Semec

Edición: Jens Christian Fodstad

Produción: Hege Hauff Hvattum, Yngve Sæther

Sinopse:

Johanne é unha moza que se namora perdidamente da súa profesora de francés, vivindo o seu primeiro amor intenso. Na vontade de preservar os seus sentimentos, comeza a documentar por escrito as súas emocións e experiencias. Cando a súa nai e a súa avoa len o que escribiu, reaccionan con sorpresa ante o contido íntimo, pero axiña quedan cativadas pola calidade literaria dos textos. Mentres debaten sobre a moralidade e as posibles consecuencias de publicar os escritos de Johanne, ela enfróntase ao contraste entre os ideais románticos e a realidade, mergullándose nunha viaxe de autodescubrimento, amor e sexualidade.

Dag Johan Haugerud é un director, guionista e escritor noruegués recoñecido pola súa capacidade para abordar temas sociais e emocionais con profundidade e sensibilidade. A súa ópera prima, I belong, gañou varios Premios Amanda —os principais galardóns do cinema noruegués—, incluídos os de mellor filme, guión e dirección. En 2019 dirixiu Coidado cos nenos, tamén premiada e recoñecida internacionalmente. A súa triloxía Historias de Oslo, composta por Sexo, Soños e Amor, explora as complexidades das relacións humanas e da identidade afectiva, cun enfoque marcado pola empatía e a diversidade.

 

Oso de Ouro e os premios FIPRESCI e Guild na Berlinale 2025

 

Duración: 
110 MIN
Acceso: 

4 euros

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro. 
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Luns, 17 Novembro, 2025
20:00
Salón Teatro
Xoves, 20 Novembro, 2025
18:15
Teatro Principal
MULTIMEDIA

DREAMS International Trailer