DOXANDÉEM, LES CHASSEURS DE RÊVES/ DOXANDÉEM: CAZADORES DE SOÑOS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · ACTIVIDADES PARALELAS

DOXANDÉEM, LES CHASSEURS DE RÊVES / DOXANDÉEM: CAZADORES DE SOÑOS (2023)
Saliou Waa Guendoum Sarr
Senegal /  86 min / Documental / Wólof, español, francés

Ficha técnica:
Fotografía: Mamadou Diop
Edición: Makha Bao Fall
Son: Adama Ndiaye
Produción: Goree Island Cinema y STEPS

Sinopse:
Logo de botar oito anos vivindo en España, ao comezo de maneira irregular, Mamadou regresa a Gandiol, a súa vila natal en Senegal, co compromiso de ser unha forza positiva na comunidade. Xunto coa súa muller Laura, unha emigrante española en Senegal, e baixo a ollada benevolente de Yaaye Khadi, a nai de Mamadou, lánzase a construír coa súa comunidade a "utopía activa" expresada no libro 3052 que el mesmo escribira durante a súa viaxe. A película acompáñaos nesta nova procura, para descubrir as súas loitas e o impacto destas eleccións nas súas vidas, na das súas familias, na da mocidade da vila, na de todos os perseguidores de soños.
 

Seleccionada en Sundance 2023
 

FUNCIÓN ESPECIAL SOBRE MIGRACIÓN ORGANIZADA POLA OENEGUÉ ECOS DO SUR

A proxección contará con presentación e coloquio a cargo dos mediadores de Ecos do Sur, Djibril Faye e Said Hamdad, e da responsable de comunicación da entidade, Natalia Monje.

A oenegué Ecos do Sur traballa para que a convivencia entre persoas de orixes diversas e con realidades distintas frutifique nunha sociedade máis próspera, máis xusta e orgullosa da súa diversidade. Por iso, desde 1991 loita contra a exclusión social especialmente vinculada ao acceso a dereitos de cidadanía e participación dende Galicia e Madrid. Para acadar o seu obxectivo conta cun potente equipo que inclúe a profesionais da socioloxía, da psicoloxía, do dereito, da educación e da integración social, da orientación laboral, da mediación intercultural, do traballo social ou do xornalismo: algúns dos mellores especialistas en xestión da interculturalidade.

Duración: 
91 MIN
Entradas: 

ENTRADA DE BALDE previa retirada de convites dende o martes 7 ás 11 horas

  • compostelacultura.gal
  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462
  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS E A RETIRADA DE CONVITES

Funcións: 
Luns, 20 Novembro, 2023
19:30
Auditorio de Galicia
MULTIMEDIA