DOSIS DE PARAÍSO

DATOS BÁSICOS

SHARON FRIDMAN

CelebremososCorpos

Idade recomendada: adultos

Lingua: castelán

Elas atopáronse e entregáronse a unha á outra. Descubriron o hábito da turbulencia, a oportunidade do abrazo e o medo á soidade. Manterse no paraíso non foi tarefa fácil, manterse no presente, sen a refracción do pasado nin a proxección do futuro.

Todos nos buscamos, todos no camiño, baixo a luz incerta que nos percibe e que difumina os límites do tempo, dirixidos cara a un horizonte sen memoria, cara a unha soidade plena na que o amor quizais se desvele no latexo do corazón.

Coreografía: Sharon Fridman

Dirección: Sharon Fridman

Escenografía: Sharon Fridman, Ofer Smilansky coa colaboración de oficina 4Play

Vestiario: MIZO by Inbal Ben Zaken

Música: Idan Shimoni, Ofer Smilansky

Iluminación: Sharon Fridman

Son: Iñaki Ruiz Maeso

Intérpretes: Melania Olcina e Arthur Bernard Bazin (bailaríns); Ofer Smilansky (música en directo)

Duración: 
50 min
Información da billeteira: 

VENDA DE ENTRADAS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H

10 euros

* Descontos do 50% para colectivos habituais

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Mércores, 28 Abril, 2021
20:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural