A DOR DOS DEMAIS. CHARLA DE ALFONSO ARMADA E ÓSCAR CORRAL

DATOS BÁSICOS

O xornalista Alfonso Armada e o fotoperiodista Óscar Corral convídanos a asistir a un encontro que terá lugar na sala de exposicións do Auditorio de Galicia. Organizada en colaboración con DKV, que vén de conmemorar o vixésimo aniversario da súa obra social, a charla leva por título 'A dor dos demais. Fotografía, verdade e compaixón'.

O xornalismo, e especialmente a fotografía, pode servir para tomar conciencia das realidades menos gratas. Con base nas reflexións de Susan Sontag en Sobre la fotografía (1977) e Ante el dolor de los demás (2010) trataríase de ver que se pode e se debe contar mediante as fotos, canto sangue está permitido, canto hai que achegarse. E, a partir de aí, e dos enfoques complementarios do fotógrafo e do redactor, como se conta mellor, a diferenza dos soportes, o branco e negro e a cor, os perigos dos teleobxectivos, a importancia do pé de foto, a verdade fotográfica, a verdade xornalística, o grao de implicación, o manexo da emoción e do medo e os perigos da compaixón.

Alfonso Armada (Vigo, 1958) é xornalista, director da revista dixital Fronterad e traballou nos diarios Faro de Vigo, El País e Abc. Viaxou a Bosnia-Herzegovina durante a guerra e foi correspondente para África e en Nova York. Dirixiu o Máster de ABC/UCM. Foi durante catro años presidente da sección española de Reporteiros sen Fronteiras. Publicou, entre outros, os libros Cuadernos africanos (Península), Sarajevo. Diarios de la guerra de Bosnia (Malpaso, con fotografías de Gervasio Sánchez), El rumor de la frontera. Un viaje por el borde entre México y Estados Unidos (con fotografías de Corina Arranz) e Diccionario de Nueva York (ambos en Península), Por carreteras secundarias (Malpaso, tamén con fotografías de Corina Arranz), El silencio de Dios y otras metáforas. Una correspondencia entre África y Nueva York (con Gonzalo Sánchez-Terán, Trotta), El Celta no tiene la culpa (Libros del K. O.), África adentro (con Xavier Aldekoa, 5W) e os poemarios Los temporales e Cuaderno ruso (Bartleby), Fracaso de Tánger (premio Francisco de Quevedo, Valparaíso), Cuaderno de Hollywood (El Cercano), Cuánto pesa una cabeza humana. Diario de un virus coronado por el miedo (Vaso Roto), El mecanismo de las mareas (con debuxos de Ramón Trigo e fotografías de Eduardo Armada, Juancaballos) e La vida es una carretera secundaria (con fotografías de Corina Arranz, Stendhal Books).

Óscar Corral (Santiago de Compostela, 1981) comezou a traballar como fotógrafo en 2003 en La Voz de Galicia,  despois de interesarse polo fotoxornalismo durante a traxedia ecolóxica do Prestige. Leva máis dunha década realizando coberturas para a Axencia EFE, onde ten publicado imaxes nas principais cabeceiras internacionais, e desde 2009 traballa como fotógrafo no xornal El País. Recibiu distintos premios polas súas coberturas, entre os que destacan o Full-Focus, que distingue as mellores fotografías do ano segundo a axencia Reuters (2013), e a mención de honra Estaçao Imagem por unha imaxe tomada a bordo do buque humanitario Aquarius da ONG Médicos sen Fronteiras (2019).

 

Acceso: 

Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo

Auditorio de Galicia

__

Entrada de balde até completar aforo

PROTOCOLO DE ACCESO SEGÚN MEDIDAS SANITARIAS VIXENTES

Info práctica: 
Venres, 13 Maio, 2022
17:30
Auditorio de Galicia