CINEUROPA
PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DONDE ACABA LA MEMORIA (2022)
Pablo Romero
España, Reino Unido / 70 min / Documental / Español, inglés
Ficha artística:
Ian Gibson, Mike Dibb, Carlos Saura, Román Gubern, Paul Hammond, José Luis Puerto, Padre Ángel, Cheli Durán
Ficha técnica:
Guión: Pablo Romero-Fresco
Fotografía: Martina Trepzcyk
Música: Xavier Font, Elba Fernandez
Montaxe: Xacio Baño
Produción: Rebordelos, University of Roehampton, Surtsey Films
Sinopse:
A visita de Ian Gibson ás Hurdes tralos pasos de Buñuel supón o detonante dun documental que xira arredor da imaxe deste historiador e da súa loita por recuperar a memoria de Lorca e de tantas outras persoas que co paso dos anos foron esquecidas baixo terra.
O que para moitos españois é xa unha causa perdida, para este irlandés é un motivo de loita constante para recuperar as vidas e historias de todas e todos aqueles que caeron en combate e na ditadura posterior hai xa case 90 anos.
Pablo Romero (Nigrán). Catedrático honorífico de cinema e tradución na Universidade de Roehampton (Londres) e profesor na Universidade de Vigo. A súa primeira curta documental, Uniendo los puntos (2012), estreouse no Festival de Venecia. A súa segunda e terceira película, Brothers and Sisters (curta documental) e Joel (curta de ficción), rodadas en Quenia, foron publicadas por El País no 2013 xunto co artigo Levantarse en Kibera.
Ao finalizar a proxección haberá coloquio.