Durante moito tempo coidouse que era imposible levar á pantalla o universo do escritor uruguaio e Premio Cervantes Juan Carlos Onetti. Esa idea rematou así que comezaron a xirar as bobinas de Mal día para pescar, de Álvaro Brechner, adaptación do conto Jacob y el otro. Brechner redobrou a aposta cando levou exitosamente ao cinema o libro Memorias del calabozo, de Mauricio Rosencoff e de Eleuterio Fernández Huidobro, integrantes do Movemento de Liberación Nacional-Tupamaros, confrontando o desafío adicional de transformar un libro de memorias nunha ficción. Esta película, La noche de 12 años, foi o filme de apertura da 32ª edición de Cineuropa.
O encontro servirá para orientar nas decisións que cómpre tomar na adaptación cinematográfica, e neste sentido diríxese a futuros guionistas e cineastas, mais tamén é acaído para o público xeral que sinta interese polo “detrás das escenas” do cinema.
Desenvolverase o luns 20 ás 11 horas na Zona C. A participación é de balde previo rexistro neste formulario. As 20 prazas dispoñibles iranse cubrindo por estrita orde de inscrición.
Álvaro Brechner
Álvaro Brechner é director, guionista e produtor. Realizou curtametraxes e longametraxes premiadas en máis dun cento de festivais internacionais de cinema. Os seus filmes participaron en citas tan importantes como Cannes, Venecia ou San Sebastián. No 2019 gañou o Goya ao mellor guión adaptado por La noche de los 12 años.