RFG · DIRECCIÓN FUTURA

DATOS BÁSICOS

TEMPADA «MEMORIA» 

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Baldur Brönnimann, director

Coa participación do estudantado da EAEM

PROGRAMA

Magnus Lindberg: Arena (Estrea en España)
Manuel de Falla: El sombrero de tres picos, Suite núm. 1
Johannes Brahms: Sinfonía núm. 4 en Mi menor, Op. 98

Baixo a titoría do director artístico e titular Baldur Brönnimann, recoñecido pola súa implicación na formación de novas xeracións de directoras e directores —especialmente á fronte do Programa de Dirección Contemporánea da Academia de Lucerna—, a Real Filharmonía de Galicia reafirma o seu compromiso coa educación musical e o apoio aos novos talentos.
Nesta tempada, coincidindo coa pausa na convocatoria de director/a asistente, a RFG impulsa un curso internacional de dirección que atraerá candidaturas de todo o mundo. Oito participantes serán seleccionados para traballar coa orquestra e adquirir experiencia práctica nun concerto público.
O repertorio inclúe Arena de Magnus Lindberg, escrita orixinalmente para un concurso de dirección, xunto á Suite núm. 1 de El sombrero de tres picos de Falla e á Sinfonía núm. 4 de Brahms, tres obras de linguaxes e esixencias interpretativas moi distintas que permitirán ás persoas participantes desenvolver o seu propio perfil artístico.


Ás 19.15 h, Conversando con... Baldur Brönnimann na Sala Mozart

Duración: 
90 MIN
Acceso: 

Entradas á venda a partir do 22 de setembro en: 

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, persoas con discapacidade, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 10 Decembro, 2026
20:00
Auditorio de Galicia