CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL A CONCURSO. CINEASTAS DO PRESENTE
DINTI DE LAPTE / MILK TEETH / DENTES DE LEITE (2025)
Mihai Mincan
Romanía, Francia, Dinamarca, Grecia, Bulgaria / 104 min / Ficción / Romanés
Ficha artística:
Emma Ioana Mogos, Marina Palii, Igor Babiac, Istvan Teglas
Ficha técnica:
Guión: Mihai Mincan
Fotografía: George Chiper
Edición: Dragos Apetri
Produción: Poli Angelova, Cyriac Auriol, Monica Hellström, Ioana Lascar, Adrian Moroca, Vlad Radulescu, Radu Stancu, Nikolay Todorov, Konstantinos Vassilaros
Sinopse:
Nos últimos meses do réxime comunista romanés, unha nena desaparece misteriosamente sen deixar rastro. A súa irmá de dez anos, Maria, convértese na última persoa en vela. A pequena tenta comprender o que aconteceu mentres o mundo ao seu redor se afunde no silencio, a paranoia e o medo.
Mihai Mincan é un director e guionista romanés que iniciou a súa carreira como xornalista nalgúns dos principais medios do seu país antes de dedicarse ao cinema. En 2008, co guión de The palm lines, foi seleccionado nos festivais de Locarno, Rotterdam e Cottbus. Posteriormente escribiu e dirixiu varias curtametraxes estreadas en importantes certames europeos, ademais de codirixir documentais para televisión. O seu debut na longametraxe, To the north (2022), presentouse na sección Horizontes do Festival de Venecia, onde gañou o premio Anguía de Ouro, e percorreu unha vintena de festivais internacionais.