CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
IN DIE SONNE SCHAUEN / SOUND OF FALLING / SON DE CAÍDA (2025)
Mascha Schilinski
Alemaña / 149 min / Ficción / Alemán
Ficha artística:
Hanna Heckt, Lena Urzendowsky, Susanne Wuest, Lea Drinda, Laeni Geiseler, Greta Krämer, Florian Geißelmann, Luise Heyer
Ficha técnica:
Guión: Louise Peter, Mascha Schilinski
Fotografía: Fabian Gamper
Edición: Billie Mind, Evelyn Rack
Produción: Burkhard Althoff, Henning Falk, Melvina Kotios, Lasse Scharpen, Lucas Schmidt, Maren Schmitt
Sinopse:
Catro nenas —Alma, Erika, Angelika e Lenka— pasan a súa mocidade nunha mesma granxa do norte de Alemaña. Ao longo dun século, a casa evoluciona, pero os ecos do pasado perduran nas súas paredes. Aínda que separadas polo tempo, as súas vidas comezan a reflectirse, trazando un vínculo invisible entre xeracións.
Mascha Schilinski é guionista e directora. Licenciouse no programa de Escrita de Guión da Escola de Cinema de Hamburgo-Berlín en 2008, antes de estudar Dirección na Academia de Cinema de Baden-Württemberg. Durante o seu segundo ano na Academia dirixiu a premiada mediometraxe Die Katze (O gato). No terceiro, realizou a longametraxe Die Tochter (A filla), estreada no Festival de Berlín en 2017, candidata ao Premio GWFF á Mellor Ópera Prima e proxectada en máis de corenta festivais internacionais, nos que obtivo varios galardóns.
Premio do Xurado no Festival de Cannes 2025