DIC NOBIS SPIRITUS · REESTREA DE 'A VERBA'

DATOS BÁSICOS

XI CICLO DE LUGARES E ÓRGANOS · MÚSICAS E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA

Marta López Fernández, órgano

Verena Grundner, frautas de bico

Patricia Nägele, frautas de bico

Petra Szovák, frautas de bico

Andrés Díaz Pazos, frautas de bico e arranxos

Javier María López Rodríguez, composición e dirección

 

DIC NOBIS SPIRITUS

REESTREA DE A VERBA (UNHA OBRA PARTICIPATIVA DE JAVIER MARÍA LÓPEZ RODRÍGUEZ)
A secuencia do Domingo de Pascua Victimae paschali laudes —da que forma parte o célebre diálogo “Dic nobis, Maria, quid vidisti in via?” (“Dinos, María, que viches no camiño?”)—, xunto coa palabra spiritus na súa acepción etimolóxica de “sopro”, permiten trazar un fío narrativo entre a variedade de obras e instrumentos de vento que soarán ao longo do concerto. Nel conflúen tradicións profundamente enraizadas na polifonía medieval e renacentista coa obra A verba, composta por Javier María López, na que a audiencia terá un activo papel. Obras canónicas de orixinalidade e intensidade marabillosas alternan con recursos puramente tímbricos e exercicios de improvisación, elemento este último, esencial na tradición organística.

A verba, estreada no festival De Lugares e Órganos en 2018, está inspirada na obra teatral Ordet, do dinamarqués Kaj Munk, levada ao cine por Carl Theodor Dreyer en 1955. A peza, agora cunha nova instrumentación e contidos musicais, explora a tímbrica do órgano e dos instrumentos de vento, ao tempo que evoca a escritura polifónica dos autores renacentistas. Unha paraxe pascual na que A verba fai confluír a secuencia, o drama e a creación musical, construíndo un relato sonoro que preludia a esperanza do renacer. Con anterioridade ao concerto, teremos a oportunidade de participar nun panel de conversa co autor da obra para coñecer máis sobre o significado da peza e a súa relación coa película na que se inspira. Ademais, formará parte da charla Xan Gómez Viñas, experto en cinema, así como o teólogo e director musical da catedral de Santiago, Óscar Valado Domínguez, que nos achegarán algunhas das claves para entender tanto os aspectos cinematográficos e teolóxicos que están na base do filme de Dreyer, como da composición de Javier María López.


Ás 19.00 h, preparación para a escoita: conversa co autor, con Óscar Valado Domínguez e Xan Gómez Viñas

Duración: 
60 min (aprox)
Acceso: 

Ás 19.00 h, preparación para a escoita: conversa co autor, con Óscar Valado Domínguez e Xan Gómez Viñas


De balde, previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) a partir do martes, 24 de marzo 

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre desde unha hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.
  • A apertura de portas terá lugar aproximadamente media hora antes da hora de comezo dos concertos e actividades.

 

Info práctica: 
Venres, 3 Abril, 2026
20:00
Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela