THE DEVIL'S BATH / O BAÑO DO DEMO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA · SECCIÓN OFICIAL EUROPEA

THE DEVIL'S BATH / O BAÑO DO DEMO (2024)

Severin Fiala, Veronika Franz

Austria, Alemaña / 121 min / Ficción / Alemán

Ficha artística:

Anja F. Plaschg, David Scheid, Maria Hofstätter

Ficha técnica:

Guión: Severin Fiala, Veronika Franz

Fotografía: Martin Gschlacht

Edición: Michael Palm

Produción: Ulrich Seidl, Bettina Brokemper

Sinopse:

Austria, século XVIII. Agnes prepárase para casar co seu amado e soña cun futuro feliz. Mais a súa vida dá un xiro dramático cando mata un bebé e é condenada á morte. Así que se vai achegando a data da súa execución, comeza a sentir a mente e o corazón cada vez máis pesados e queda atrapada nunha espiral de angustia e desesperación. Empeza a desenvolver malos pensamentos e a cuestionar a súa propia humanidade e as decisións que a levaron a esa situación extrema.

Severin Fiala (Horn, Austria) e Veronika Franz (Viena, Austria). Parella de directores e guionistas coñecida polo seu enfoque sombrío e perturbador no xénero do terror. Gañaron recoñecemento internacional con Goodnight Mommy (2014) e con The Lodge (2019), ambas as dúas películas caracterizadas pola súa atmosfera desacougante e por un profundo estudo psicolóxico dos personaxes. The Devil’s Bath continúa na mesma liña e destaca polo seu coidado visual e narrativo, consolidando a Fiala e Franz como un dos tándem creativos máis relevantes no cinema de terror contemporáneo.

Oso de Prata á contribución artística na Berlinale 2024

Premio á mellor película da sección oficial, do xurado da crítica e do xurado novo en Sitges 2024

 

Duración: 
121 MIN
Acceso: 
  • 4 euros

  • Bono 10 películas: 30 euros

  • Catálogo: 2 euros

PARA TODAS AS PROXECCIÓNS:

  • compostelacultura.gal

  • Zona C (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Tel.: 981 542 462

  • Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai un filme ás 16.00 h ou antes, o despacho de billetes abre media hora antes de que comece). Tel.: 981 542 349

EN CADA SALA, PARA AS PROXECCIÓNS DESE ESPAZO:

  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingo e calquera outro día fóra deste horario, abriríase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión.

  • AUDITORIO DE GALICIA: desde media hora antes do inicio de cada sesión.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS CINEUROPA

Info práctica: 
Sábado, 9 Novembro, 2024
22:00
Teatro Principal
Martes, 12 Novembro, 2024
17:45
Teatro Principal
MULTIMEDIA

The Devil's Bath Trailer #1 (2024)