CINEUROPA
DOCS CINEUROPA / PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
DEUSES DE PEDRA (2025)
Iván Castiñeiras
España, Portugal, Francia / 85 min / Documental / Portugués
Ficha artística:
Cinda Freitas, Mariana Freitas Tavares, Jaime Freitas Tavares, Manel Freitas Tavares, Pedro Freitas Tavares, Ricardo Freitas, Humberto Tavares
Ficha técnica:
Guión: Iván Castiñeiras
Fotografía: Iván Castiñeiras, Jorge Quintela, Alberto D. Centeno
Edición: Antonio Trullén Funcia
Produción: Iván Castiñeiras, Pedro Fernandes Duarte, André Gil Mata, Étienne Jaxel-Truer, Frederico Lobo, Cláudia Ribeiro, Ángel Santos, Emine Seker
Sinopse:
Mariana, unha nena de catro anos, descobre o mundo a través das palabras da súa mestra nunha das últimas escolas rurais da Raia, a fronteira entre Galicia e Portugal. Alí, os contos infantís confúndense coas lendas e coas historias que aínda habitan o territorio. O tempo pasa, e entre relato e relato, Mariana medra ata os dezasete anos, cando debe afrontar unha decisión importante: abandonar a aldea e separarse da súa nai para estudar no estranxeiro.
Iván Castiñeiras é licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e en Cinema polo Conservatorio Nacional de Lisboa (ESTC). Completou a súa formación na École Louis-Lumière e en Le Fresnoy (París), así como nun posgrao en dirección de fotografía na ESCAC de Barcelona. Cineasta e director de fotografía, colaborou con cineastas como Miguel Cabral, Ángel Santos ou Diana Toucedo. Como director, asinou as curtametraxes A raia (2012), Où est la jungle? (2015), Chemins battus (2016) e Trajectory Drift (2018), nas que combina unha mirada documental e poética sobre o territorio, a memoria e o desprazamento.
Mellor Filme Galego no Play-Doc 2025
Mellor Filme Galego no Intersección 2025
Premio do Xurado ao Mellor Filme Nacional en Documenta Madrid 2025