A DERRADEIRA LEICIÓN

DATOS BÁSICOS

CHÉVERE

TEATRO

 

SALA ÁNGEL BRAGE. AUDITORIO DE GALICIA

Idade recomendada: 3º,4º ESO e Bacharelato

Duración: 100 min

Lingua: Galego

Esta obra é accesible para persoas con discapacidade auditiva e visual (persoas xordas e cegas).

 

Este proxecto nace dunha afirmación que cada vez escoitamos máis: a confianza na democracia redúcese ao mesmo tempo que se perde a memoria directa da experiencia fascista dos anos 30 que conduciu á ditadura franquista, á Segunda Guerra Mundial e ao xenocidio. É desde aí onde xorde a pregunta de partida: como se constrúen as narrativas da memoria? Para tratar de respondela imos usar como fío condutor un cadro de Alfonso R. Castelao, titulado “A derradeira leición do mestre”. Pintouno en 1945, pouco antes de morrer, exiliado en Bos Aires (Arxentina), como unha homenaxe á memoria do seu irmán galeguista Alexandre Bóveda, un xove e brillante economista fusilado en agosto de 1936 polos militares golpistas. O cadro foi exposto en público en Galicia por primeira vez no 2018. O goberno galego organizou un acto institucional de recepción do cadro durante o cal o seu presidente presentouno como unha homenaxe aos mestres do primeiro terzo do século XX. Algo non cadra aí. Perdeu a memoria? Non é quen de recordar o contexto histórico que rodea o cadro? Ou é que o trauma do golpe de estado de 1936 e a violencia desatada en Galicia segue afectando a nosa memoria histórica noventa anos despois? Pódese entender isto como unha psicopatoloxía da memoria? E que pasaría se tratásemos esta alteración da memoria histórica (amnesia selectiva, fabricación de falsos recordos, etc.) coas mesmas prácticas e adestramentos que usan as persoas que perden partes da súa memoria por un ictus, un tumor cerebral ou un golpe na cabeza?

Duración: 
100 min
Acceso: 

Entrada gratuíta, previa reserva a través do formulario que poderá atopar no seguinte enlace: https://www.compostelacultura.gal/programadidactico

DATAS DE ENVÍO DAS SOLICITUDES:

• Centro de ensino de Santiago de Compostela: dende o martes, 23 de setembro ás 8:30 h

• Centro de ensino do resto de Galicia: dende o mércores, 24 setembro ás 8:30 h

 

Só para centros de ensino

Info práctica: 
Luns, 23 Febreiro, 2026
10:30
Auditorio de Galicia
Martes, 24 Febreiro, 2026
10:30
Auditorio de Galicia