CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
DELO / ARRESTO DOMICILIARIO (2021)
Aleksey German Jr.
Rusia / 106 min / Ficción / Ruso
Ficha artística:
Merab Ninidze, Anna Mikhalkova, Anastasia Melnikova, Alexandra Bortich, Roza Khairullina, Alexander Pal
Ficha técnica:
Guión: Aleksey German Jr., María Ogneva
Fotografía: Ivan Burlakov
Produción: LM Media, Metrafilms, Outrageous Films
Distribuidora: MK2 Films
Sinopse:
David, un profesor universitario, recorre ás redes sociais para criticar a administración da súa cidade. Pero no canto de se investigaren os tratos dubidosos do alcalde, o propio David é acusado de malversación de fondos e posto baixo arresto domiciliario. Malia a vixilancia autoritaria, os coñecidos traizoeiros e o crecente interese dos medios, David amósase desafiante e non se desculpará. Co xuízo cada vez máis preto, ten David algunha esperanza de gañar esta batalla contra Goliat?
Aleksey German Jr (Moscova, URSS). Estudou na Universidade Panrusa Guerásimov de Cinematografía (VGIK) entre 1996 e 2001. Dirixiu tres curtametraxes que recibiron premios en festivais rusos e internacionais. Debutou na longametraxe con The Last Train (2003) que obtivo o recoñecemento ‘León do futuro’ no Festival de Venecia, onde volveu competir e foi premiado de novo no 2005 e no 2008. Dovlatov (2018) seleccionouse na Berlinale, en Sevilla e neste mesmo festival.
Sección Oficial Un certain regard do Festival de Cannes 2021