DEADPAN KARAOKE

DATOS BÁSICOS

IBUPROFENO TEATRO

Idade recomendada: público adulto

Duración: 90 min

Lingua: galego

#posfunción: 7 de marzo ao remate da función

Deadpan, do inglés ‘cara morta, baleira de expresión, imperturbable’; Karaoke, do xaponés kara (‘baleiro’) e oke (‘orquestra’). Deadpan Karaoke é un espectáculo unipersoal de carácter participativo que propón como ingredientes principais o absurdo, a estupidez, a sorpresa, a comedia, a música e o cine, todo enmarcado nun espazo que transite do real ao onírico cunha clara ambición plástica e que capture o carácter sublime do amor a través de momentos de gran beleza.  Deadpan é unha personaxe incapaz de sentir e de expresar emoción, o que lle outorga a autoridade e a claridade necesarias para descifrar o universo do amor a través desta catarse cómico-musical. Podemos nesta sociedade de narcisismo extremo lanzarnos ao baleiro do amor?

Dirección: Patricia Rodríguez

Interpretación: Marián Bañobre

Creación e dramaturxia: Patricia Rodríguez e Marián Bañobre

Axudantía de dirección e coreografías: Carmela Bueno

Deseño de son e composición musical: Mónica de Nut

Deseño de iluminación e escenografía: Violeta Martínez

Deseño e realización de audiovisuais: Marta Valverde, Gustaf Nilsson e Javier Lueje

Deseño de vestiario: Marián Bañobre

Realización de vestiario: Bety Busto e Marián Bañobre

Caracterización: Baia Fernández

Produción: Santiago Cortegoso

Técnica en xira: Violeta Martínez e Héctor Pazos

Duración: 
90 MIN
Entradas: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
  • Descontos do 50% para persoas desempregadas, perceptoras de rendas sociais, xubiladas, maiores de 65 anos, estudantes, menores de 25 anos e membros de familias monoparentais ou numerosas.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Funcións: 
Xoves, 7 Marzo, 2024
20:30
Teatro Principal
Venres, 8 Marzo, 2024
20:30
Teatro Principal