DE LUGARES E ÓRGANOS 2026

DATOS BÁSICOS

DE LUGARES E ÓRGANOS · MÚSICAS E OUTRAS PAISAXES DE COMPOSTELA

A música de órgano volverá ecoar en Compostela a través dunha nova edición do ciclo De Lugares e Órganos. Músicas e outras paisaxes de Compostela, que se desenvolverá entre o 28 de marzo e o 5 de abril en distintos espazos da cidade.

A iniciativa, promovida polo Concello de Santiago a través de Compostela Cultura, propón un programa que combina concertos, encontros, cinema e percorridos pola cidade para achegar á cidadanía un dos patrimonios musicais máis singulares. Consolidado xa como cita ineludible da programación cultural compostelá, o ciclo continúa a súa vocación de poñer en diálogo patrimonio, música e pensamento, creando espazos de encontro entre artistas e público e convidando a escoitar os órganos históricos da cidade desde novas perspectivas.

Ao longo da semana, os templos de San Domingos de Bonaval, San Paio de Antealtares, San Miguel dos Agros, a igrexa da Universidade e o convento do Carme converteranse en escenarios dunha programación que percorre diferentes épocas e tradicións musicais. A programación inclúe tamén propostas que expanden o ciclo máis alá dos concertos, como encontros con artistas, actividades arredor do cinema ou itinerarios pola cidade que permiten coñecer mellor a historia organística compostelá e a relación destes instrumentos coa vida cultural e relixiosa da cidade.
 

Preme para acceder a todos os eventos do ciclo

 

Acceso: 

De balde, previa retirada de convites (máximo 2 por persoa) a partir do martes, 24 de marzo 

  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • De non se esgotaren, tamén se poderán recoller o propio día da actividade no lugar onde esta se celebre desde unha hora antes do seu comezo. As invitacións serán válidas ata 10 minutos antes do inicio da actividade. A partir dese momento, a organización resérvase o dereito a empregar as localidades non ocupadas.
  • A apertura de portas terá lugar aproximadamente media hora antes da hora de comezo dos concertos e actividades.

A asistencia á proxección na NUMAX ten un custo de 4€. Pódense mercar entradas anticipadas no despacho de billetes do cinema ou na web numax.org.

Info práctica: 
Sábado, 28 Marzo, 2026 a Domingo, 5 Abril, 2026
Varios lugares