DE LUGARES E ÓRGANOS

DATOS BÁSICOS

Do 11 ao 20 de abril celébrase a cuarta edición do ciclo De lugares e órganos, organizado pola Concellaría de Acción Cultural coincidindo coas datas de Semana Santa.

CONCERTOS

  • Alkhodari, Frederiksen & Mendive. Sábado 13 de abril, 20.30 h, igrexa da Universidade
  • Diego Ares. Domingo 14 de abril, 20.30 h, igrexa de San Paio
  • Corina Marti & Doron Schleifer. Martes 16 de abril, 20.30 h, igrexa de Santa Clara
  • Marco Aurélio Brescia. Mércores 17 de abril, 20.30 h, igrexa de San Martiño Pinario
  • Pedro Lamas, Germán Díaz, César Morán & Erea Blanco Balvís. Sábado 20 de abril, 20.30 h, igrexa da Universidade

OUTRAS PAISAXES, OUTTROS TONS DA CIDADE

Memoria silente, itinerarios polo patrimonio organístico esquecido

  • Xoves 11 de abril, 19.30, Biblioteca Xeral da USC
  • Mércores 17 de abril, 17.45, igrexa de San Martiño Pinario

MÁIS QUE MÚSICA

O órgano sae á rúa

  • Venres 12 de abril, Vide Vide!, 19.30 h
  • Luns 15 de abril, cinema NUMAX, 19.15 h
Información da billeteira: 

As entradas para os concertos son de balde, pero é preciso retirar invitación na billeteira do Teatro Principal. Se non se esgotan antes de cada actuación, tamén se poderán recoller os pases no propio lugar da actividade.

As actividades do espazo O órgano sae á rúa tamén son de entrada libre, ata completar aforo.

A asistencia á proxección prevista na sala Numax ten un custo de 4 euros.

Funcións: 
Xoves, 11 Abril, 2019 a Sábado, 20 Abril, 2019
Varios lugares

UBICACIÓN