DAU. NATASHA

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN EUROPEA

XOV 19, 19:45 | TEATRO PRINCIPAL

VEN 20, 19:30 | SALÓN TEATRO

Ilya Khrzhanovskiy, Jekaterina Oertel

Alemaña, Ucraína, Reino Unido, Rusia / 145 min. / Ficción / Ruso, ucraíno, inglés

Ficha artística:
Natalia Berezhnaya, Olga Shkabarnya, Vladiimr Azhippo, Alexei BLinov, Luc Bigé

Ficha técnica:

Guión: Ilya Khrzhanovsky, Jekaterina Oertel Fotografía: Jürgen Jürges
Edición: Brand Thumim
Produción: Phenomen Berlin Filmproduktion, Phenomen Uk, Phenomen Ukraine, Phenomen Films

Natasha e Olga traballan na cantina dun instituto segredo de investigación soviético. Este é o corazón latexante do universo DAU, todos entran aquí: empregados do instituto, científicos e convidados estranxeiros, como Luc Bigé. Natasha comeza unha aventura con el. Pero intervén o servizo segredo, encabezado por Vladimir Azhippo. Para Natasha (e para nós) esta é unha experiencia “pouco amable”. DAU Natasha é unha forma radical de cinema que se move entre a ficción e a realidade.

Ilya Khrzhanovskiy

(Moscova, 1975)
Estudou Cine e Belas Artes na Universidade Panrusa Guerásimov de Cinematografía e debutou en 2005 con 4, lme que pasou por numerosos festivais e que obtivo, entre outros galardóns, un Tiger en Rotterdam.

Jekaterina Oertel

(San Petersburgo, 1966)
Estudou na escola de cine e de teatro de Moscova e conta cunha destacada carreira internacional no eido da caracterización cinematográfica. Desde 2015 leva unha das ramas do proxecto, o taller SFX, onde crea guras de silicona en tamaño natural dos participantes de DAU.

Co apoio do Programa Creative Europe da Unión Europea, proxecto Wom@rts.

Duración: 
145 MIN
Entradas: 
  • Para as proxeccións de todas as salas
    • compostelacultura.gal
    • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 15.30 a 21.00 h e polas mañás desde unha hora antes do inicio da proxección.
  • Para as proxeccións do Auditorio de Galicia tamén se poden retirar na propia sala desde unha hora antes do inicio dos filmes.
  • Para as proxeccións de Numax tamén se poden mercar na propia sala no seu horario habitual (numax.org)

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 19 Novembro, 2020
19:45
Teatro Principal
Venres, 20 Novembro, 2020
19:30
Salón Teatro