DANS LA VILLE BLANCHE / NA CIDADE BRANCA (1983)

DATOS BÁSICOS

SECCIÓN PARALELA PAÍS CONVIDADO: SUÍZA. HOMENAXE A ALAIN TANNER

Alain Tanner

Suíza / 107 min / Ficción / Francés, alemán, polaco

Ficha artística

Bruno Ganz, Teresa Madruga, Julia Vonderlin

Ficha técnica

Guión: Alain Tanner

Fotografía: Acácio de Almeida

Edición: Laurent Uhler

Produción: Filmograph SA, Metro-Film

Na cidade branca é un punto de inflexión no cinema de Tanner. Renovando o éxito de público que lle faltaba despois de Jonas que terá 25 anos no ano 2000, a película marca ademais unha ruptura estética na súa obra. A fuga e o desexo de soidade eran os temas de Tanner, pero sempre se desenvolvían sobre un soporte proveniente do esquerdismo, feito de conversacións e de pantasmas lúdicas, un paraíso de palabras e de bromas extravagantes onde vivían os personaxes. Non hai nada diso nesta película que impresiona polo seu silencio, pola súa poesía desposuída e a súa escura melancolía. Semella que o director suízo lembrou a súa mocidade na mariña mercante para imaxinar este retrato de mariño (un sublime Bruno Ganz) que o deixa todo para fundirse en corpo e alma con Lisboa. No comezo da película, Ganz dille a unha camareira que o reloxo do seu bar non indica a hora correcta. Ela responde: «O reloxo funciona ben. É o mundo o que funciona ao revés». Baixo o signo deste desaxuste, o personaxe vive a súa soidade urbana, rexistrando coa súa cámara súper 8 os fragmentos de realidade que envía á súa muller, circulando ao azar coma se agardase ser tomado pola realidade, formar parte dela.

Con Na cidade branca, Tanner consolídase como un gran director do territorio. O mapa de Tendre (país imaxinario) do personaxe e a topografía da cidade terminan por confundirse aos poucos. Porque o soño tolo do mariño talvez sexa simplemente converterse en Lisboa. Frédéric Bas

Duración: 
107 MIN
Acceso: 

Entrada de balde, previa retirada de convite

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural: de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal: de 16 h ata a hora de inicio do último filme do Teatro Principal ou do Salón Teatro. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio). Tel.: 981 542 349
  • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14 h e de 16 a 20.30 h. Martes de 16 a 20.30 h. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre 10 minutos antes do inicio)
  • Multicines Compostela: desde as 17.00 h ata a hora de inicio do último filme. (Se hai proxección fóra deste horario, o despacho de billetes abre media hora antes do inicio).
  • Auditorio de Galicia e Museo das Peregrinacións: desde media hora antes do inicio de cada proxección.

 

PRÉGASE O USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

 

Info práctica: 
Sábado, 20 Novembro, 2021
17:30
Multicines Compostela