DA MARXE AO CENTRO: PODER E CREACIÓN EN FEMININO

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 40

ACTIVIDADES PARALELAS

DA MARXE AO CENTRO: PODER E CREACIÓN EN FEMININO
Xornadas formativas · AGAPI

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) propón un encontro arredor do papel das mulleres na dirección e na produción audiovisual galega. Un espazo para reflexionar sobre o liderado feminino no cinema, a autonomía creativa e os desafíos que aínda persisten en materia de igualdade, financiamento e acceso aos recursos.

A conversa reunirá as cineastas e produtoras Anxos Fazáns (Sétima) e Jaione Camborda (Esnatu Zinema), xunto coa produtora Marina García (Sintagma Films). Moderado por Uxía Caride, xerente de AGAPI, o diálogo abordará as experiencias, os retos e as oportunidades de exercer o poder creativo e empresarial no audiovisual galego.

Acceso: INSCRICIÓN NO FORMULARIO
 

Duración: 
2 horas
Acceso: 

Inscricións ata o 16 de novembro de balde no FORMULARIO

Info práctica: 
Martes, 17 Novembro, 2026
10:00 a 12:00
Zona C. Punto de información cultural