DÚAS DONAS QUE BAILAN

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

A sabedoría de Benet i Jornet, grande mestre da dramaturxia contemporánea, aparece de maneira espléndida, unha vez máis, en 'Dúas donas que bailan'. A obra é posta en escena por Teatro do Atlántico e chega ao Teatro Principal da man da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

 Neste novo agasallo teatral o autor fainos compartir o drama, os soños e os fracasos das súas complexas personaxes nunha viaxe intensa, brutalmente divertida, conmovedora, plena de beleza dramática e iluminada pola inmensa humanidade que dúas mulleres agochan baixo a férrea armadura de ironía e dureza coa que intentan defenderse dos implacábeis embates da sociedade insensíbel e cruel na que lles tocou habitar; a mesma sociedade na que habitamos nós. E tamén vostedes.

SINOPSE ARGUMENTAL

Unha muller maior, viúva, que soña cunha viaxe a París, resístese a abandonar o esfarelado piso no que habita, malia as presións dos fillos e tamén da axencia  propietaria do inmoble. Todos eles teñen outros plans para a vivenda. A filla, en tanto non consigue que a nai mude de actitude, contrata unha muller para que vaia facer os labores domésticos na casa dúas veces por semana. A muller contratada é unha profesora de Lingua e Literatura, de mediana idade, obrigada polas circunstancias a aceptar o traballo. O seu carácter contestatario é parello ao da vella, outrora unha muller rebelde e activista. A presenza da contratada non é ben recibida e cada xornada convértese nun inquietante e por veces traxicómico enfrontamento.

 

Duración: 
80 MIN
Entradas: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h.

Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día.
Teléfono: 981 542 349
compostelacultura.gal

Prezo: 12 € (descontos do 50% para os colectivos habituais)

Funcións: 
Venres, 30 Novembro, 2018
20:30
Teatro Principal
Sábado, 1 Decembro, 2018
20:30
Teatro Principal