EXPOSICIÓN
O premio Auditorio de Galicia chega a súa décima cuarta edición como cita consolidada da creación contemporánea galega, como lugar de difusión dos traballos das e dos artistas e como espazo de encontro con un público amplo e diverso que abrangue tamén o ámbito profesional.
O percorrido ben de reflexar a riqueza e pluralidade de perspectivas das persoas que se presentan individualmente ou como colectivo, artistas menores de coarenta anos, nados ou residentes en Galicia. Unha riqueza que se manifesta tamén nas diversas disciplinas e soportes que utilizan, pintura, escultura e tamén instalacións, performances, vídeo creación e outros. Experimentan con materiais, a veces pouco comúns dando lugar a estilos propios e diferenciados. Desafían as convencións e tratan temas que indagan en moitas preocupacións comúns que son tamén a toda a sociedade da que son reflexo. As fronteiras entre disciplinas diluense, transcenden límites e ofrecen un achegamento a sociedade plural que somos.
ARTISTAS SELECIONADAS / OS
Pablo Agma, Alberto Ardid, Manuel Alejandro Balsas Navarro, Blanca Castro, Lara e Noa Castro Lema (segundo premio), Cristian Cerqueira, Fabián Cidrás Pérez, Matías Daporta, Carlos Fer, Nuria Figueiredo (terceiro premio), Alejandro Fuertes, Lúa Gándara, Doa Oa, Alberto Ovejero, Lucía Perdiz, Manuela Pereira Enríquez, Sara Piñeiro, Nicolás Pisada, Denis Protopopov, Mar Ramón Soriano, Sara Ricoy Rajoy, Andrés Rodís (primeiro premio), Fran Rodríguez Casal, Ariadna Silva Fernández, Cris Souto, Taro, Dennise Vaccarello, Aldara Vázquez, Verónica Vicente, Lucía Villar e Breogán Xague.
O xurado valorando a alta calidade de todos os traballos outorga os seguintes galardóns:
PRIMEIRO PREMIO
Un primeiro premio dotado con seis mil euros a Andrés Rodís (Santiago de Compostela, 2000) pola obra seriada Variacións sobre o recipiente do ano 2025 que alude, por unha banda, a unha serie de movementos ou “variacións” que se producen sobre un recipiente —como quen sobe enriba dunha caixa e baila—, e por outra, á exploración de diferentes versións arredor do propio concepto de recipiente. Ese “sobre” acolle tamén unha dobre lectura, como se elaborar ou pensar “sobre” algo implicase, necesariamente. Variacións sobre o recipiente funciona así como un título dobre. Nos primeiros bosquexos xa aparecen recipientes que ensaian relacións entre continente e contido, positivo e negativo, matriz e copia, molde e contramolde, interior e exterior, baleiro e cheo, co propósito de crebar ou diluír esas oposicións a través dos procedementos artísticos. Diferentes soportes como o óleo, esmalte, fotografía, bordado e cerámica ocupan como dispositivo instalativo a parede e o chan.
SEGUNDO PREMIO
Un segundo premio dotado con tres mil euros a Lara e Noa Castro Lema (A Coruña, 1998) pola obra Bailan os nomes, un conxunto de trinta e cinco debuxos ou fotogramas de grafito sobre papel do ano 2023 que compoñen unha animación de trazo sinxelo e en bucle dunha roda na que catro personaxes híbridos ou humanizados bailan nun círculo sen fin, evocando as relacións e metamorfoses que se establecen entre eles. Trátase dunha pita, un galo, unha vaca ou uro e mais un cabalo. Os seus nomes e presenzas convócanse para designar outro animal: a pita de monte, ave declarada oficialmente extinta en Galicia desde o 2005. O interese pola pita de monte xorde do proxecto A quen nunca cantou cústalle comezar (2023), no que se inscribe esta animación, ata o de agora inédita en exposición.
TERCEIRO PREMIO
Un terceiro premio dotado con dous mil euros a Nuria Figueiredo (Ourense, 1986) pola obra Escoítalo? É o silencio antiguo, un traballo deste ano, a cerámica de gres esmaltada o lustre de ouro e a cadea dourada construen a imaxe fertil do cruceiro que Nuria reinterpreta con preciosismo. Ao longo da historia, o misterioso, o máxico e o descoñecido ocuparon un lugar sobranceiro na construción do imaxinario colectivo. A través de ritos, crenzas e símbolos que transcenden o físico configurouse un mundo no que o tanxible e o intanxible se entretecen, creando unha realidade máis complexa e rica que constitúe o cerne da identidade cultural e do patrimonio inmaterial transmitido de xeración en xeración.Escóitalo? É o silencio antigo propón polo tanto un convite a deter o tempo, a mirar e deixarse atravesar polo que non pode ser nomeado. Máis ca explicar o máxico, a obra ofrece aloxalo, honralo e darlle corpo para que continúe habitándonos.