CURVA ESPAÑA

DATOS BÁSICOS

A Curva España existe. Está na antiga estrada da Gudiña a Verín e a xente chámaa así en lembranza de Fernández España, un enxeñeiro que morreu alí en 1927 cando realizaba o deseño do trazado da variante sur da liña ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense. Despois da súa morte desaparece esa opción e óptase polo trazado máis caro e difícil de todas as liñas españolas. Por que? É posible que as respostas que atopemos nos axuden a entender mellor como se constrúe un país.

Chévere parte dunha historia moi local para abordar un debate que habitualmente se resolve a berros e con paus de bandeiras. Que é España? É máis ben unha curva ou unha liña recta? Un accidente ou un asasinato?

 

Dirección e dramaturxia: Xron

En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia Blanco

Unha produción Chévere en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia

Duración: 
80
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18.00 a 21.00h. Os días que hai evento no Teatro, a venta anticipada remata ás 20.00h e só se venden entradas para o espectáculo dese día. Teléfono: 981 542 349
Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. Aberto só os días de espectáculo desde 1h 30 min antes do comezo do mesmo. Teléfono 981 571 026

Funcións: 
Sábado, 12 Outubro, 2019
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia