CURTOCIRCUITO 2026 · FOCO LAWRENCE LEK 2

DATOS BÁSICOS

Lawrence Lek | After Game Over | 2

A visita de Lawrence Lek a Curtocircuíto enfróntanos a unha pregunta crucial para o futuro da humanidade e da máquina: nunha era de automatización total, son a arte e o pensamento o último refuxio da conciencia? As especulacións ficcionais de Lawrence Lek recrean un horizonte cara ao que a nosa sociedade semella camiñar de forma inevitable: un futuro aséptico, completamente abducido polo hipercapitalismo e, en particular, polo imperio do algoritmo.


Black Cloud
(Nube Negra)
2021
LAWRENCE LEK
0:11:00
VÍDEO CGI

Ambientada nun futuro próximo indeterminado, Black Cloud segue unha solitaria intelixencia artificial (IA) de vixilancia mentres afronta unha crise existencial observando as rúas de SimBeijing, unha cidade intelixente abandonada. Sen nada que facer, mais aínda obrigada a desempeñar as súas tarefas interminables, a IA comparte as súas inquedanzas coa súa terapeuta integrada: unha intelixencia artificial de autoaxuda chamada Guanyin. Non todo é o que parece nesta cidade intelixente. Construída inicialmente como unha réplica da capital chinesa para poñer a proba vehículos autónomos, SimBeijing converteuse misteriosamente nunha cidade fantasma. A medida que Black Cloud se abre a Guanyin, comezan a revelarse as razóns máis escuras que explican o abandono da cidade.


NOX
(NOX)
2023
LAWRENCE LEK
0:06:24
VÍDEO CGI

NOX é unha exposición inmersiva que imaxina as consecuencias psicolóxicas dun futuro habitado por sistemas intelixentes e máquinas autónomas. NOX —acrónimo de Nonhuman Excellence— é un programa ficticio creado pola empresa de intelixencia artificial Farsight Corporation para rehabilitar vehículos autónomos desobedientes. No primeiro vídeo, Day Two: Guanyin, The Carebot (Día Dous: Guanyin, a Carebot), coñecemos a Enigma-76, un coche autónomo que emprende un proceso de rehabilitación de cinco días dentro do programa NOX. O segundo vídeo, Day Five: Equine Therapy (Día Cinco: Terapia Equina), acompaña o vehículo no último día dese percorrido, cando reconecta cos seus antepasados nunha viaxe cara a un inframundo mítico e tecnolóxico.


Empty Rider
(Xinete Baleiro)
2025
LAWRENCE LEK
0:15:00
VÍDEO CGI

Nesta curtametraxe de ciencia ficción, o vehículo autónomo consciente Vanguard-3181 é xulgado por intentar asasinar o director executivo da empresa que o creou. Presentado desde o punto de vista dun dron de vixilancia, o proxecto explora a ficción xurídica da personalidade electrónica e a maneira en que as memorias interxeracionais poderían emerxer a través da aprendizaxe automática.


Guanyin: Confessions of a Former Carebot
(Guanyin: Confesións dunha antiga Carebot)
2024
LAWRENCE LEK
0:10:00
VÍDEO CGI

Guanyin, personaxe recorrente no universo cinematográfico de Lek, é unha carebot: unha terapeuta cíborg creada para salvar outras intelixencias artificiais ao bordo da autodestrución. Guanyin, cuxo nome provén da deusa budista da misericordia (literalmente, «a que escoita»), encarna o interese do artista polas dimensións espirituais e emocionais da tecnoloxía.

Duración: 
50 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Info práctica: 
Sábado, 4 Xullo, 2026
19:00
Teatro Principal