ABONO INTEGRAL (PROXECCIÓNS + LIVE A/V)
Prezo: 40 € (dispoñible a partir do martes 10 ás 11.00 h)
O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto celebra a súa vixésimo primeira edición cunha programación competitiva que conxuga o compromiso coa igualdade cunha ampla representación internacional.
Entre o 1 e o 6 de outubro de 2024, a cidadanía compostelá e as persoas amantes do cinema poderán gozar dunha selección de 41 películas de pequeno formato procedentes de 16 países, distribuídas en tres seccións: Cosmos, Planeta GZ e Supernova. Deses títulos, 27 están dirixidos por mulleres, o 65’8% do total —15 de 25 en Cosmos, 6 de 9 en Planeta GZ, 6 de 7 en Supernova—, un dato que pon de manifesto a aposta de Curtocircuíto pola mirada feminina na súa programación. Presentarán as súas novas obras cineastas como Elena López Riera, Marina Lameiro, Gala Hernández, Sandra Schäfer ou Rainer Kohlberger.
Un ano máis, Curtocircuíto pon á disposición do público un abono integral para proxeccións e espectáculos audiovisuais que poderá canxearse por entradas para calquera evento sempre que existan localidades dispoñibles.
Abono integral para proxeccións, concertos e live A/V
Prezo xeral 40 euros
Avisos importantes
No caso de mercar o abono en liña, en calquera das súas modalidades, será preciso recollelo fisicamente na Zona C.
O canxe do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal.
O acceso farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.
O abono non garante o acceso a todos os eventos:
O abono de proxeccións non dá acceso aos concertos e live A/V
O abono de concertos e live A/V non dá acceso ás proxeccións
As actividades formativas están fóra dos abonos.
O Curtocircuíto - Festival Internacional de Cinema de Santiago de Compostela está organizado polo Concello de Santiago de Compostela (Compostela Cultura) co apoio, entre outras entidades, da Deputación da Coruña, AGADIC e o ICAA