CURTOCIRCUIÍTO 2026 · ARTUR M PUGA E SEVI IKO DOMOCHEVSKY AV

DATOS BÁSICOS

Artur M Puga & Sevi Iko Dømochevsky
Maintaining Investor Confidence Through Accelerated Decay Live AV

Artur M Puga e Sevi Iko Dømochevsky presentan unha performance audiovisual que sitúa son e imaxe dentro dun mesmo réxime de inestabilidade. Os sistemas sonoros de Puga, atravesados pola tensión, a saturación e o colapso controlado, conviven cos universos visuais de Dømochevsky, poboado por corpos sintéticos, arquitecturas dixitais e formas de vida improbables.

A medio camiño entre a intensidade da cultura club, o cinema experimental e a ficción especulativa, a peza desprega un ecosistema en transformación constante onde tecnoloxía, materia e percepción permanecen abertas á mutación.

Duración: 
50 min
Acceso: 

Acceso libre ata completar capacidade


AVISO! Este espectáculo está programada na noite do sábado 4 ao domingo 5 de xullo

Info práctica: 
Domingo, 5 Xullo, 2026
00:00
Praza da Quintana