CURTOCIRCUÍTO_RADAR 6

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
RADAR  6

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

TESTFILM #1    
Telcosystems | 2020 | 14:21 | Croacia, Países Baixos | EXP, DOC | COR    
En TESTFILM #1, Telcosystems explora as posibilidades creativas do Digital Cinema Package (DCP) —o novo sistema de proxección mundial para cines que substituíu á infraestrutura analóxica—. Neste novo panorama cinemático, que acontece coa historia e o futuro do cine experimental e dos renegados que se negan a seguir as regras?

Laguna Negra    
Felipe Esparza | 2020 | 34:42 | Perú, Francia | EXP, DOC | COR    
Para os seus fieis habitantes, as montañas do Perú son un espazo sacro cheo de misterio. A natureza é o foco, desde a vexetación ata o barro brillante, desde os ventos penetrantes ata a néboa silenciosa. No medio deles, un curandeiro recomenda non deixar que cousas sen valor te distraian.

Sun Dog    
Dorian Jespers | 2020 | 21:00 | Bélxica, Rusia | FIC | COR    
Fedor é un mozo cerralleiro de Murmansk, unha cidade conxelada na escuridade do Ártico ruso. Cliente tras cliente, vaga polas canellas de formigón, animado por unha fantasía que o illa da cidade e dos seus habitantes. Os seus soños corroen a súa relación coa realidade e abren as portas a un universo fantasmagórico; un segundo sol brilla sobre o Ártico ruso.

 

Duración: 
70 MIN
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Sábado, 10 Outubro, 2020
18:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural