CURTOCIRCUÍTO_RADAR 4

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
RADAR  4

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

Pyrale     
Roxanne Gaucherand | 2020 | 48:25 | Francia | DOC, FIC | COR
Verán do 2016. Nalgún lugar da Drôme Provenzal francesa, unha misteriosa praga ataca os pobos: nubes de bolboretas brancas invaden a rexión. Cando se achega a noite, todo o mundo se pecha nas súas casas, atrapados por estes bechos aparentemente imparables. Á medida que a enorme nube se aproxima, Lou descobre os estraños insectos e os seus sentimentos pola súa amiga Sam. Ao final da tempada, as couzas tdestruirán todos os buxos centenarios, deixando tras elas unha paisaxe devastada.

Playback. Ensayo de una despedida    
Agustina Comedi | 2019 | 14:00 | Argentina | DOC | COR    
En Córdoba, lonxe da capital arxentina, o final da ditadura augura unha primavera que durará moi pouco tempo. A Delpi é a única supervivente dun grupo de amigos e amigas travestís e transformistas que a finais sa década dos oitenta empezaban a morrer de sida. Nunha cidade católica e de provincia, o Grupo Kalas converteu os playbacks e os traxes improvisados na súa arma e a súa trincheira. Hoxe, estas imaxes dun arquivo único e inédito son una carta de despedida e un manifesto á amizade.

Which is Witch ?    
Marie Losier | 2020 | 05:49 | Francia | FIC, EXP | COR    
Luís II de Baviera leva petrificado no xeo desde tempos inmemorables. Atopámolo nun bosque, afortunadamente vivo! Tres irmás bruxas tentan desconxelalo e desentrañar o seu musical misterio. Vémonos inmersos con elas nun conto de fadas colorido e surreal.

White Goldfish    
Jan Roosens, Raf Roosens | 2020 | 08:00 | Bélxica | FIC | COR
Stella, unha nena de 10 anos, tropézase coa relación íntima que súa nai ten coa misteriosa Patty. Ao tempo que castiga a súa nai, enfróntase á complexidade das relacións adultas.

 

Duración: 
80 MIN
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

 

Funcións: 
Mércores, 7 Outubro, 2020
19:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural