CURTOCIRCUÍTO_RADAR 3

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
RADAR  3

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Unha variada selección dos títulos que marcan tendencias a escala mundial, tanto na ficción como na animación ou o documental. Cineastas experimentados conviven con novas promesas: curtas que chegan avaladas por numerosos premios concedidos en festivais internacionais e novas obras que Curtocircuíto quere dar a coñecer.

How to disappear    
Leonhard Müllner, Robin Klengel, Michael Stumpf | 2020 | 21:00 | Austria | ANI, DOC | COR    
É posible desertar nun videoxogo de disparos? A partir desta pregunta, Como desaparecer reflexiona sobre a guerra e o xogo, a disciplina e a desobediencia. Porque a historia da rebeldía é tan antiga como a historia da guerra e, con todo, o acto da deserción transcende o espazo de acción do xogo. Filmado nas paisaxes bélicas, marciais e pintorescas ao tempo, do videoxogo en liña Battlefield V.

A chuva acalanta a dor    
Leonardo Mouramateus | 2020 | 28:00 | Portugal, Brasil | FIC, EXP | COR
No ano 74 d.C., Titus Lucretius Carus, un mozo de ideas atrevidas, tenta convencer ao seu amigo Memio de que mudarse a Roma para estudar é unha absoluta perda de tempo. Anos máis tarde, Lucretius volve da capital. Tentando atopar o equilibrio entre as súas explicacións do mundo natural e a experiencia emocional que lle provoca, Lucretius vive unha paixón profunda e turbulenta con Isa, a súa esposa estranxeira.

JÍIBIE    
Laura Huertas Millán | 2019 | 24:45 | Colombia | EXP, DOC | COR
O ritual de fabricación do po de coca verde (chamado mambe ou jíibie) revea un mito ancestral sobre o parentesco. Na comunidade amazónica Múina-Murui, a planta de coca non é un produto, senón un interlocutor sacro, o corazón latexante dun corpo colectivo.

 

Duración: 
70 MIN
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

 

Funcións: 
Martes, 6 Outubro, 2020
19:00
Teatro Principal

UBICACIÓN

Compostela Capital Cultural