CURTOCIRCUÍTO_EXPLORA 1

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2020
EXPLORA 1

Obras de calquera xénero e de calquera nacionalidade. Sección centrada na procura de novas caligrafías fílmicas. Pezas dificilmente catalogables nun xénero que dilúen a idea tradicional do cinema mediante a exploración de sendas innovadoras, próximas á videoarte, o documental ou o cinema de vangarda.

Look Then Below    
Ben Rivers | 2019 | 22:00 | Reino Unido | EXP | COR    
O filme evoca os seres futuristas dunha arrepiante paisaxe cargada de fume e as profundidades da Terra. Look Then Below rodouse nas extensas e escuras pasaxes das covas de Wookey Hole, en Somerset. O inframundo de cavidades, escavadas na profundidade polo paso do tempo, albergou vestixios de civilizacións perdidas e agora presaxia un mundo futuro subterráneo, ocupado por unha especie que evolucionou desde o noso mundo e os seus desafíos ambientais. Terceira parte dunha triloxía de películas especulativas con textos escritos por Mark von Schlegell.

Da morte nace a vida    
Adrián Canoura | 2019 | 12:55 | España | EXP | COR, B&N    
A película forma parte do proxecto CINEGALICIA 2019, inspirado na película Urxa, de Carlos A. López Piñeiro e Alfredo García Pinal. Extraendo os elementos máis místicos do filme, nunha viaxe entre o impresionismo e o expresionismo, recomponse un camiño a través do ritual de onde nace vida desde a morte.

Mikä aika on?    
Niina Suominen | 2020 | 07:15 | Finlandia | ANI, EXP | COR, B&N    
Que hora é? sitúa a experiencia do tempo no centro da contemplación. As figuras humanas actúan como puntos de referencia para a meditación sobre o paso e o final do tempo. A obra dános a oportunidade de reflexionar sobre a natureza transitoria do tempo e a relación do espectador coa época en conflito na que vivimos.

AQUAMARINE    
Billy Roisz, Dieter Kovacic | 2019 | 05:00 | Austria | EXP | COR
Aquamarine (aguamarina) non só denota a tonalidade azul clara que todos coñecemos, senón o mineral no que se basea esta cor, o berilio. Traducido literalmente: a cor do mar. A película Aquamarine toma unha constelación de cor (azul verdosa), elementos marítimos, líquidos e, por suposto, minerais como punto de partida para combinalos nun equilibrio ondulante e tremoroso baseado no tema homónimo de MOPCUT.

A Month of Single Frames    
Lynne Sachs | 2019 | 14:00 | EEUU | EXP, DOC | COR    
En 1998, Barbara Hammer fixo unha residencia artística sen auga nin electricidade. En 2018, comezou o seu propio proceso cara á morte. Deulle o material resultado da residencia a Lynne Sachs, quen explorou a experiencia de soidade de Barbara. Lynne pon texto sobre a pantalla a modo de confrontación co cine somático, reuníndonos a todos en múltiples espazos e tempos.

Houses (for Margaret)    
Luke Fowler | 2019 | 05:00 | Reino Unido | EXP | COR    
Luke Fowler construíu este tributo á cineasta e poeta escocesa Margaret Tait con motivo do seu centenario. Fowler viaxa ás Orcadas, as illas onde naceu Tait, para crear un rexistro da súa vida e obra a través de imaxes das súas antigas casas e localizacións das súas películas, fragmentos dos seus diarios de produción e o seu poema recitado “Houses”, no que reflexiona sobre o significado de fogar.

 

Duración: 
65 MIN
Información da billeteira: 

Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas dispoñibles para todos os eventos do Festival desde o 29 de setembro, de martes a sábado (+ días de evento) entre as 18:00 e as 21:00h. Semana do Festival de 16:30h  ata o comezo da última sesión. Teléfono: 981 542 349

NUMAX: só se poderán adquirir entradas para as proxeccións realizadas nesta sala. Entradas dispoñibles desde o 29 de setembro. Teléfono: 981 560 250

Funcións: 
Xoves, 8 Outubro, 2020
22:00
NUMAX

UBICACIÓN