Lawrence Lek | After Game Over | 1
A visita de Lawrence Lek a Curtocircuíto enfróntanos a unha pregunta crucial para o futuro da humanidade e da máquina: nunha era de automatización total, son a arte e o pensamento o último refuxio da conciencia? As especulacións ficcionais de Lawrence Lek recrean un horizonte cara ao que a nosa sociedade semella camiñar de forma inevitable: un futuro aséptico, completamente abducido polo hipercapitalismo e, en particular, polo imperio do algoritmo.
Farsight Corporation Launch Trailer
(Tráiler de lanzamento de Farsight Corporation)
2018
LAWRENCE LEK
0:02:00
VÍDEO CGI
Farsight Corporation é un conglomerado ficticio de intelixencia artificial que aparece por primeira vez en Geomancer(2017), unha película ambientada no ano 2065. Partindo do concepto de «hiperstición», segundo o cal os escenarios de ciencia ficción poden converterse en profecías autocumpridas, Lek decidiu fundar a empresa en 2018. A idea consistía en que Farsight se convertese na produtora dos seus futuros proxectos, abrindo a remota posibilidade de que, chegado o ano 2065, chegase a ser realmente unha das principais empresas creativas de intelixencia artificial do mundo. Neste vídeo, concibido como tráiler de lanzamento da compañía, Lek apropia-se da linguaxe e da estética do capitalismo emprendedor.
Play Station: Welcome to Play Station!
(Play Station: Benvida a Play Station!)
2017
LAWRENCE LEK
0:02:39
VÍDEO
Con motivo do evento de arte pública Art Night London, Lawrence Lek convida o público a explorar as contradicións dunha sociedade poslaboral a través dun novo videoxogo de realidade virtual. Ambientada en 2037, Play Station™transcorre nunha versión de ciencia ficción do White Chapel Building, transformado na sede londiniense dunha enigmática empresa tecnolóxica emerxente coñecida como Farsight.
Play Station: Farsight Corporate Promo
(Promoción corporativa de Farsight para Play Station)
2017
LAWRENCE LEK
0:05:05
VÍDEO
Líder mundial en automatización dixital, Farsight adestra o seu persoal para externalizar o seu traballo ao máximo, recompensando quen obtén mellores resultados con acceso a experiencias exclusivas de lecer e vacacións virtuais. O acceso a este mundo articúlase mediante unha instalación, semellante a un mandala, composta por visores de realidade virtual, vídeos formativos e titoriais con voz en off, que permite ao público participar como xogador ou como observador. Ambientada no vasto atrio do renovado White Chapel Building, Play Station™ reflexiona sobre os límites, en constante transformación, entre o espazo de traballo e o espazo de lecer. Farsight, un personaxe recorrente no universo de Lek, apareceu por primeira vez en Geomancer (2017). En consonancia coa idea da «hiperstición» —a capacidade das ficcións especulativas para influír na realidade—, Farsight fundouse como empresa real de produción ao ano seguinte.
2065
(2065)
2018
LAWRENCE LEK
0:05:00
VÍDEO
Presentado desde o punto de vista dunha intelixencia artificial deseñadora de videoxogos, 2065 é un videoxogo de mundo aberto en continua expansión, ambientado nas vésperas do centenario de Singapur. A obra prolonga o universo narrativo desenvolvido por Lek en Geomancer (2017), onde a adopción xeneralizada da intelixencia artificial deu lugar a unha sociedade poslaboral e a unha crecente demanda de entretemento e produción cultural inesgotables.
Nøtel
(Nøtel)
2018
LAWRENCE LEK
0:07:14
VÍDEO
Nøtel é unha instalación multimedia para unha marca ficticia de hoteis de luxo que explora a hospitalidade corporativa desde o humor negro. Producida en colaboración co escritor e músico Kode9, a obra anticipa unha sociedade futura caracterizada por unha mobilidade extrema, na que individuos cun poder adquisitivo moi elevado viven en constante movemento. Mediante a análise de datos persoais, a empresa é capaz de ofrecer aloxamento personalizado en calquera momento do día ou da noite. A intelixencia artificial substitúe o persoal humano para satisfacer todas as necesidades imaxinables dos seus hóspedes. A vixilancia mediante drons, o recoñecemento facial e unha rede integral de sensores garanten o máximo nivel de atención ao cliente, a costa da privacidade.
Nepenthe
(Nepenthe)
2021
LAWRENCE LEK
0:09:57
VÍDEO
Nepenthe, cuxo nome provén do remedio contra a tristura da mitoloxía grega, é unha serie en curso de instalacións videolúdicas que exploran o papel da memoria nos mundos virtuais. A súa cuarta entrega, Nepenthe (Ruínas do Pazo de Verán), reimaxina o legado do colonialismo británico a través dunha recreación virtual e física das ruínas do Antigo Pazo de Verán de Pequín. Considerado unha das máximas expresións do deseño clásico de xardíns e pazos chineses, o pazo foi destruído por unha expedición militar anglofrancesa durante a Segunda Guerra do Opio, en 1860.