COSMOS 4
Cosmos naceu en 2023 para romper as barreiras entre xéneros e procedencias cinematográficas, poñendo en diálogo o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.
Stallion y la bola de cristal
(Stallion e a bola de cristal)
2026
CHRISTIAN AVILÉS
0:19:22
FIC
ESTREA EN GALICIA
Na escuridade e no silencio do seu cuarto, un adolescente illado, enfermo de desexo, lanza un feitizo. Mentres visións violentas deforman a súa realidade, unha burbulla ameaza con estourar; algo ten que romper.
Loynes
(Loynes)
2025
DORIAN JESPERS
0:25:00
FIC
ESTREA EN GALICIA
Un drama xudicial kafkiano ambientado no Liverpool do século XIX, que narra o xuízo dun cadáver sen nome nin pasado. Ducias de persoas reuníronse para asistir a esta absurda cerimonia e, talvez, para facer xustiza.
1:10
(1:10)
2024
SINAN TANER
0:18:14
FIC
O día do deporte nunha escola primaria descontrólase. Unha discusión inocente entre dous nenos acaba en ameazas de morte entre os seus pais. A sobrecarga colectiva sacode toda unha sociedade e convértese nun microcosmos do caos. A causa e o efecto da violencia resoan nunha fráxil estrutura social. Unha ollada distante ao cotián.